As actividades escolares enmarcadas no proxecto Ocean Night teñen como obxectivo transmitir o coñecemento científico sobre o océano ao alumnado de primaria, ESO, bacharelato e FP dos centros educativos galegos. Realizaranse a través de charlas, obradoiros e experimentos dirixidos polo persoal técnico e investigador do Instituto de Investigación Mariñas - CSIC. Os profesionais do IIM levarán ás aulas galegas os proxectos científicos nos que participan e as liñas de investigación da súa especialidade.
Nestes obradoiros, o alumnado aprenderá a: identificar especies mariñas na Ría de Vigo, coñecer o papel das especies mariñas na cadea trófica, comprender o sistema de afloramento nas Rías Baixas, coñecer a importancia do impacto das ondas en especies clave para Galicia (como o mexillón), coñecer a situación dos sistemas mariños vulnerables, identificar bacterias e aprender a traballar con elas, entre outros temas de grande interese.
Persoal responsable: Gabriela Ojeda e Susi Piñeiro.
Destinatarios: centros de primaria, ESO, Bacharelato e FP.
Noite no océano, dirixido por Lucía Sánchez Ruiloba, no CEIP García Barbón de Vigo (09/11/2022).
A farmacia baixo o mar. En busca de novos compostos mariños antibacterianos, dirixido por Alejandro Romero, no CEIP Santa Mariña de Redondela (16/12/2022).
Hai superheroes baixo o mar?, dirixido por Maria del Mar Costa Portela, no CEIP Plurilingüe de Tirán de Moaña (10/02/2023).
A vida no mar, dirixido por Maria del Mar Costa Portela, no CEIP Plurilingüe de Tirán de Moaña (10/02/2023).
O ADN. Unha molécula prodixiosa, dirixido por Maria del Mar Costa Portela, no CEIP Plurilingüe de Tirán de Moaña (10/02/2023).
A vida no mar, dirixido por Maria del Mar Costa Portela, no EEI Do Con de Moaña (13/02/2023).
Son Oceanógraf@, dirixido por Susana Fernández Bastero e coa participación de Rosa María Bañuelos Fuentes e Susi Piñeiro, no CEIP Otero Pedrayo (28/02/2023).
Valorización de descartes e subproductos pesqueiros, dirixido por María Blanco Comesaña, no Colegio Quiñones de León (28/02/2023).
Taller STRAUSS, dirixido por Adrián Martínez Fernández, Elsa María Silva Caride, Cristian Bastias Urbieta e Miguel Gil coto, no CEIP Salvador de Teis (01/03/2023).
Especies mariñas, dirixido por David Villegas Ríos, coa participación de Susi Piñeiro, no CEIP Seixo, de Marín (21/03/2023 e 22/03/2023)
Vulnerables, dirixido por Natalia Petit Marty, coa participación de Susi Piñeiro, no Colexio Nuestra Señora de la Esperanza, de Vigo (29/03/23)
Obradoiro STRAUSS, dirixido por Adrián Martínez Fernández, Elsa María Silva Caride, Cristian Bastias Urbieta e Miguel Gil Coto, no Gándara International School, en Vigo (29/03/23)
Vulnerables, dirixido por Natalia Petit Marty, coa participación de Susi Piñeiro, na Escola Sagrado Corazón, de Pontevedra (31/03/23)
Mundo microbiano, dirixido por Sonia Rodríguez Carrera e Teresa Blanco, no CEIP Carballal-Cabral, en Vigo (31/03/23)
Un peixe diferente: o cabaliño de mar, dirixido por Patricia Ruíz García, no Colexio Mariano, de Vigo (13/04/23)
Obradoiro STRAUSS, dirixido por Adrián Martínez Fernández, Elsa María Silva Caride, Cristian Bastias Urbieta e Miguel Gil Coto, no CEIP A Paz, en Tintoreira - Vigo (13/04/23)
A vida secreta dos cefalópodos, dirixido por Jorge Hernández Urcera, no IES San Paio (21/04/23)
Xefa da Unidade de Cultura Científica (UCC+I) do IIM-CSIC, doutora en Humanidades, Mestrado en Comunicación Científica, Médica e Ambiental e licenciada en Bioloxía. Ten experiencia en proxectos europeos de Investigación e Innovación Responsable (RRI). Coordinou actividades de ciencia e arte en liña (Ilustrar o mar con Lula Goce, 2020) e participou en proxectos de promoción das vocacións STEM (FameLab Wales, 2018; Incrústate, 2019) e eventos de divulgación (Open Science Cambre e Día da Ciencia na Rúa, 2019).
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Unidade de Cultura Científica
Categoría: Cultura Científica
Responsable de Comunicación da UCC+I do IIM-CSIC. Mestrado en Science Communication & Public Engagement, colaborou na adaptación virtual d’A Ciencia do Mexillón, en Arela de Mar, Ilustrar o mar con Lula Goce, Safaris Submarinos, ou Green Science 4 the Ocean. Ten experiencia na planificación de actividades prácticas (Leith Labs, 2018-2019; Punto Ciencia San Pedro, 2019), ciclos de charlas (Pint of Science - Edimburgo, 2018) e orientación de grupos escolares (Parque Nacional Illas Atlánticas).
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Unidade de Cultura Científica
Categoría: Cultura Científica
Graduada en Comunicación Audiovisual e Mestrado en Xornalismo Multimedia Profesional. Dende abril de 2021 traballa como soporte técnico audiovisual na Unidade de Cultura Científica do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Vigo. No marco deste traballo realiza tarefas de participación na coordinación e organización de eventos (I Feira do Océano, Encontros 3ª Fase, Neuston 3: en Concerto Co Océano, con Abraham Cupeiro, 11F-De Cañas Coas Mulleres da Ciencia), de divulgación nos centros escolares e de responsable de producións e realizacións audiovisuais dos eventos, así como da edición do proxecto Saber do Mar.
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Unidade de Cultura Científica
Categoría: Cultura Científica
Técnico Especialista en Análisis y Procesos Básicos (Química), desde el 1997 y Técnico Superior de Laboratorio Diagnóstico Clínico (Sanitaria) desde el 2002. En el 2001 me incorpore al equipo de Ecología Pesquera del Instituto de Investigaciones Marinas del CSIC, de Vigo. Desde el 2013, soy Funcionaria de Carrera como Ayudante de Investigación de OPIs. En los últimos años he sido la Responsable de la determinación de la madurez microscópica de peces, con especial responsabilidad en el bacalao y gallineta en el marco del proyecto Flemish Cap. En el 2020 me incorporé a la UCC+i como Personal de Apoyo Técnico.
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Unidade de Cultura Científica
Categoría: Cultura Científica
Son licenciada en Bioquímica e doutora en Ciencias pola Universidade Autónoma de Madrid. Dende o ano 2010 traballo como licenciada especializada en Análise de Imaxe e Microscopía no CSIC. Fun responsable do servizo de Microscopía Óptica e Confocal do Instituto de Investigación Biomédica "Alberto Sols" de Madrid ata o ano 2017 e desde entón son responsable do servizo de Microscopía Óptica e Análise de Imaxe do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM). O meu desenvolvemento profesional estivo orientado á resolución de problemas científico-técnicos utilizando como ferramentas a microscopia e a análise de imaxes. A obtención de imaxes fieis á realidade e a súa correcta análise posterior son sempre os obxectivos do meu traballo. Entre as miñas actividades profesionais tamén estivo presente a docencia, impartindo cursos de especialización en microscopia e análise de imaxes en diferentes universidades, así como en formación interna do CSIC. Coordino a Unidade de Apoio Científico-Técnico que engloba os diferentes servizos científico-técnicos que ofrece o IIM. Na UACT tratamos de facer operativos e visibles os recursos de apoio á investigación que ofrecemos tanto aos usuarios internos como ás organizacións públicas e privadas que os soliciten. Gústame involucrarme na divulgación científica e participar en actividades nas que os meus coñecementos poidan ser interesantes para os cidadáns alleos ao ámbito científico.
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Servizo de Microscopía Óptica e Análise de Imaxes
Categoría: Microscopía óptica e análise de imaxes
Xenetista e bióloga evolucionista, interesada no potencial de adaptación das especies mariñas ao cambio global. Fixen o meu doutoramento na Universidade Autónoma de Barcelona investigando teorías da evolución molecular. Despois, tiven a miña primeira experiencia posdoutoral no Instituto de Bioloxía Evolutiva de Barcelona, principalmente en xenómica comparada en primates. Despois mudeime ás Illas Baleares e dediqueime á conservación mariña, que se converteu na miña paixón. En 2019 fun a Hong Kong para traballar en transcriptómica e xenómica aplicada á conservación de peixes na Universidade de Hong Kong e no Swire Institute of Marine Science. Actualmente, gozo dunha bolsa postdoutoral Marie Curie co proxecto FishAdapt para investigar o potencial adaptativo das especies de peixes explotadas ao cambio climático, no IIM-CSIC, en Vigo.
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Vida e Ecosistemas Mariños
Categoría: Análise Xenómica e Bioinformática
Adrián Martínez Fernández. Ambientalista e Oceanógrafo (Gdo. CC. Ambientales Universidade de León (2014-2018) e Master Interuniversitario de Oceanografía Universidade de Vigo (2018-2019)) afeccionado á divulgación científica e á comunicación, formado neste eido a través do Dobre Curso de Educador e Intérprete Mariño. + Técnico de Educación Ambiental (2020). Comezou a súa traxectoria profesional como técnico no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) no proxecto Radar On Raia realizando validacións lagrangianas das medicións do radar HF, tratamento de datos, preparación de instrumentos oceanográficos e realización de experimentos, tras o que se incorpora ao seu cargo actual dentro do proxecto STRAUSS onde, ademais de desenvolver o seu labor como técnico (tratamento de datos, preparación de instrumentos oceanográficos, realización de experimentos...), dirixe e realiza a comunicación do proxecto STRAUSS e do obradoiro escolar participante. no proxecto Ocean Night.
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Procesos oceánicos no cambio global
Categoría: Sistemas oceánicos e costeiros
Miguel Gil Coto, é oceanógrafo (Lic., 1996, e Dr., 2004, en CC. del Mar) que realiza o seu labor investigador como Científico Superior no IIM-CSIC (2009). O seu currículo céntrase principalmente na oceanografía física cun enfoque multidisciplinar que comezou, durante o seu doutoramento, utilizando métodos inversos para combinar observacións físicas e bioxeoquímicas para estudar a dinámica das rías da Ría de Vigo e o seu forzamento por afloramentos costeiros. Actualmente, continúa investigando tanto os procesos físicos oceanográficos como a súa vinculación con procesos bioxeoquímicos, así como as técnicas e tecnoloxías necesarias para realizar estes estudos.
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Procesos oceánicos no cambio global
Categoría: Sistemas oceánicos e costeiros
Elsa Silva Caride (Téc. Sup. en Análise e Control e Química Ambiental) traballa como técnica no Instituto de Investigacións Mariñas. Comezou a súa traxectoria profesional nos grupos de Química do Marisco e Tecnoloxía de Mariscos, participando en diversos proxectos relacionados coa industria alimentaria do mar. Posteriormente, incorporouse ao grupo de Ecofisioloxía, biomarcadores e xestión sostible de bivalvos (EsMaBa) onde se especializou no traballo co mexillón coa participación en diversos proxectos como STRAUSS, onde actualmente traballa na implantación de tecnoloxía non invasiva de alta frecuencia para a caracterización da valvometría de mexillón. Entusiasta da comunicación científica, participa en obradoiros escolares enmarcados no proxecto STRAUSS e realiza o seu co seu títere “Don Mexillón”.
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Procesos oceánicos no cambio global
Categoría: Sistemas oceánicos e costeiros
Estudante de Ciencias do Mar na Universidade de Vigo. O feito de criarse nunha vila costeira e de pertencer a unha familia de pescadores levouno a estreitar dende pequeno vínculos moi fortes co mar e a montaña. A paixón polo mar, desenvolvida a través da práctica do mergullo (Advanced Open Water Diver) e da apnea levouno a licenciarse en Ciencias do Mar e posteriormente tamén a formarse como patrón de embarcación de recreo (PER). Na súa vontade de transmitir o seu interese e concienciar aos máis novos a través da educación ambiental, realiza as súas prácticas profesionais no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) co obxectivo de formarse neste ámbito. Durante estas prácticas desenvolve o obradoiro escolar do proxecto de investigación STRAUSS, co que colabora neste proxecto.
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Procesos oceánicos no cambio global
Categoría: Sistemas oceánicos e costeiros
Doutoreime en bioloxía mariña pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade compaxino a investigación posdoutoral co traballo de apoio técnico no grupo de Inmunoloxía e Xenómica do Instituto de Investigacións Mariñas (Vigo) pertencente ao CSIC. Formeime como investigador na Escola Noruega de Veterinaria (Oslo) e na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). Son autor de 43 artigos científicos en revistas SCI cun índice H de 23. Dirixín 2 teses de doutoramento e 6 proxectos de fin de grao, máster e prácticas. Participei en 17 proxectos de investigación nacionais e 7 proxectos europeos, todos eles relacionados co estudo da resposta inmune de peixes ou moluscos. Colaboro con varias revistas internacionais de alto impacto como revisor e son membro do panel editorial das revistas "ISJ", "MDPI-Life" e "Frontiers in Cellular and Infection Microbiology". Os meus intereses de investigación céntranse no estudo comparativo da resposta inmune en peixes e moluscos bivalvos fronte a infeccións bacterianas e virais para comprender os mecanismos inmunes implicados nesta resposta. Para iso, realizo unha aproximación multidisciplinar utilizando técnicas de bioloxía molecular, citometría de fluxo, microscopía en combinación con análise transcriptómica e proteómica.
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Inmunoloxía e Xenómica
Categoría: Vida e ecosistemas mariños
O meu traballo céntrase no estudo das posibilidades de aproveitamento e valorización de diversos tipos de materias primas procedentes da biomasa mariña desperdiciada ou empregadas para obter produtos de escaso valor comercial, como descartes e subprodutos, procedentes da actividade pesqueira. O meu traballo céntrase principalmente na extracción, illamento e caracterización bioquímica do coláxeno. Os meus intereses están orientados ao estudo das principais diferenzas que esta biomolécula presenta a nivel bioquímico e estrutural entre diferentes especies e/ou materias primas para desenvolver aplicacións específicas en diversos campos como a rexeneración de tecidos ou a cosmética. Ademais, o meu traballo tamén inclúe o estudo doutros biocompoñentes presentes na biomasa mariña, incluíndo hidrolizados de proteínas bioactivas, quitina, pigmentos ou encimas dixestivos.
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Bioquímica dos alimentos
Categoría: Sistemas e Procesos Biolóxicos
Son un biólogo mariño curioso polo comportamento animal e a biodiversidade. A miña investigación céntrase en comprender como o comportamento animal media nos procesos ecolóxicos e evolutivos en poboacións mariñas salvaxes, a través de tres liñas de investigación: 1. Variación individual no comportamento e conservación : a maioría das miñas investigacións nos últimos anos centráronse na comprensión das diferenzas na historia da vida e no comportamento. características entre os individuos dunha poboación. Por exemplo, investiguei as diferenzas na historia da vida entre os tipos de cores do peixe Labrus bergylta . Este é un estudo de caso moi interesante xa que, en parte da área de distribución da especie, os individuos lisos e manchados viven en simpatía pero presentan estratexias de crecemento e reprodución sorprendentemente diferentes. Tamén me interesou as diferenzas no comportamento dos peixes na natureza. Por que uns individuos se moven máis que outros? Estiven investigando estes aspectos nun fiordo noruegués onde hai anos rastrexando moitos individuos de bacallau, abadejo e troita. 2. Ciencia das Reservas Mariñas - As reservas mariñas son lugares onde a pesca está regulada ou prohibida (zonas de non captura), polo que representan illas onde os individuos están suxeitos a unha mortalidade por pesca escasa ou nula. Intuitivamente, os individuos que viven dentro das reservas mariñas experimentarán unha mellor condición física en comparación cos individuos que viven fóra delas. Interésame comprender como inflúe o comportamento dos animais na protección: reciben menos protección os individuos ou as especies que se moven máis? Podemos utilizar a información sobre ecoloxía espacial para mellorar o deseño das reservas mariñas? Tamén me interesa como a protección inflúe no comportamento dos animais a través dos procesos de selección e evolución. Poden as reservas mariñas aumentar a condición física dos individuos preguiceiros? 3. Biodiversidade mariña e especiación: teño curiosidade pola biodiversidade e como xorden as especies no océano, onde existen poucas barreiras absolutas. Usando o estudo de caso dos peixes corporais, estou investigando o papel da cor corporal nos procesos de especiación simpátrica. Combino a xenómica con observacións de campo para comprender se os dous morfos se aparean selectivamente e cal é a pegada xenética. ¿Representan dúas especies incipientes?
Taller en el que participa: Ocean Night nas escolas galegas
Departamento: Ecoloxía e Recursos Mariños
Categoría: Vida e ecosistemas mariños
Unha das miñas principais liñas de investigación está centrada en investigar como algúns parámetros ambientais, derivados principalmente do cambio climático, poden afectar a resposta inmune de especies de moluscos de alto interese para a acuicultura galega. Tamén me interesa a identificación, caracterización e análise funcional das bases moleculares (xenes e proteínas) implicadas na resposta inmune a estresores (bióticos, abióticos e xenobióticos) no cultivo de moluscos, tanto de especies establecidas como novas.
Taller en el que participa: OCEAN NIGHT nas escolas galegas
Departamento: Patobiología Molecular Marina
Categoría: Sistema Oceánicos y Costeros, Vida y Ecosistemas Marinas, y Sistemas y Procesos Biológicos
Persoal de Apoio Técnico no grupo de Procesos Oceánicos en Cambio Global do IIM-CSIC. Doutora en Ciencias do Mar e Técnico Superior en Educación e Control Ambiental. Traballou no grupo de Xeoquímica Mariña do Departamento de Xeociencias Mariñas da Universidade de Vigo e dende 2009 no IIM-CSIC. Colabora nas actividades de concienciación ambiental da iniciativa "Manifiesto Océano" e participou en eventos divulgativos do IIM-CSIC ("Feira Océano", Obradoiro científico "De Bouzas a Ríos", Talleres de Experi-i- ciencia e "Son Oceanógraf@”, etc.).
Taller en el que participa: OCEAN NIGHT nas escolas galegas
Departamento: Procesos Oceánicos no Cambio Global
Categoría: Sistema Oceánicos e Costeros
Técnica Superior de Actividades Técnicas e Profesionais no grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños (MICROTEC) dende 2007.
Traballo en proxectos de investigación co obxectivo de mellorar a calidade e a seguridade alimentaria dos peixes e mariscos, garantir a sustentabilidade e mitigar os impactos do cambio climático e outros motores, como a migración de poboación e o crecemento excesivo.
O meu traballo en seguridade alimentaria céntrase actualmente na sociobioloxía dos biofilms que albergan Listeria monocytogenes e trata aspectos relacionados coa xenética, a microscopia e a ecoloxía destas comunidades. Ademais, estudo as interaccións dentro destas comunidades mixtas, tanto dentro como entre especies, para contribuír ao deseño de protocolos eficaces, específicos, obxectivos e respectuosos co medio ambiente para o saneamento de antibiofilmes.
Participei en actividades de divulgación como Kleid@labs, Exper-i-Ciencia, Oceans Day e o Día da Muller e da Nena na Ciencia.
Taller en el que participa: OCEAN NIGHT nas escolas galegas
Departamento: Microbioloxía e Tecnoloxía de Productos Mariños
Categoría: Sistema e Procesos Biolóxicos
A miña investigación céntrase principalmente en diferentes actividades para avanzar na xestión pesqueira de especies de cefalópodos con base científica, abordando trazos ecolóxicos clave como a ecoloxía espacial (modelo de distribución de especies), as relacións tróficas (análise de isótopos estables, técnicas moleculares) e o comportamento na vida silvestre (observacións in situ por mergullo). Estes puntos clave da investigación permitirán estimar os trazos esenciais da historia de vida (ecoloxía trófica, movemento, abundancia, mortalidade, preferencia de hábitat, depredación) dos cefalópodos, mellorando a comprensión dos factores que afectan a sustentabilidade a longo prazo dos cefalópodos. importantes recursos socioeconómicos. Esta investigación permitirá resolver algunhas das principais incógnitas ecolóxicas en cefalópodos de interese comercial en estado salvaxe para avanzar cara a un enfoque ecosistémico para a xestión destes recursos, así como aproveitar os coñecementos adquiridos para promover a acuicultura destas especies.
Taller en el que participa: OCEAN NIGHT nas escolas galegas
Departamento: Ecoloxía e Recursos Mariños
Categoría: Sistema e Procesos Biolóxicos
Licenciada en Biología por la Universidade de Vigo y MSc en Nutrición por la Facultade de Ciencias de Ourense. En 2008, comienza a trabajar en ICTAN-CSIC como personal de servicio técnico y de apoyo a la investigación. Desde 2010, forma parte del Grupo de Ecología y Recursos Marinos, trabajando como Técnico Especializado en el estudio de la microbiota asociada a cultivos marinos, con especial interés en el aislamiento, selección e identificación de bacterias probióticas mediante la aplicación de técnicas avanzadas en microbiología y biología molecular.
Taller en el que participa: OCEAN NIGHT nas escolas galegas
Departamento: Ecoloxía e Recursos Mariños
Categoría: Sistema e Procesos Biolóxicos
Aviso Legal
Política de Privacidade
Uso de Cookies
Ligazóns de Interese
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.